Os antecedentes da banda deseñada humorística.
Nas coartadas artísticas da introducción de viñetas e/ou ilustracións na literatura Medieval as cantigas galaico-portuguesas de escarnio ou maldicir emplearon o xénero satírico e de carácter burlesco na súa condición narrativa, facendo destas crónicas medievais uns claros antecedentes do que hoxe chamamos humor gráfico.
Dende os primi
xenios sendeiros creativos, imprimiuse por primeira vez en Ourense no 1876 o semanario O Tío Marcos d,a Portela, onde comezaron a publicar por entregas O Catecismo do Labrego, e asinaron as máis ilustres plumas do tempo. De carácter galeguista, reivindicativo e defensor do galego, na portada poñían a seguinte frase: “Teñen os pobos a gala no seu lenguaxe falar, falase chino na China, portugués en Portugal, catalán en Cataluña, e na Alemania aleman solo os Gallegos d´agora hastra vergonza lles da falar a melosa e dolce fala que falan seus páis”.
De forma correlativa e anecdótica, nas orixes da historieta gráfica Arxentina xoga un importante papel a revista Caras e Caretas fundada en 1898 polo lucense José María Cao Luaces. Considerado como Pai da Caricatura Política Arxentina dentro dos inicios da caricatura e ilustración.
Na cultura xornalística propia da transformación e publicacións da ilu
stración, como a revista Vida Gallega de 1909, existía un espazo dentro das súas páxinas cunha sección denominada Primera plana de humor, onde comezaría a colaborar o caricaturista Álvaro Cebreiro e o humorista crítico Castelao. A estructuración humorística gráfica xerminaba sólidamente para o futuro xeneracional como o boletín decenal A Nosa Terra de 1907 e a revista NÓS nos anos 20 onde facíanse eco dos ilustradores e debuxantes galegos –algúns deles dende a emigración e/ou o exilio-.
A tinta impregnada en celulosa amarelenta -contexto histórico-
A transición reflectiuse no cinema co destape –penso nese icono s
exual cañí baixo o titular El felpudo de la Cantudo é do máis representativa, xunto cos dous rombos televisivos e a clasificación S dos carteis dos filmes- e no noveno arte co humor en xornais, revistas –Chan, Teima- e revistas satíricas –La Codorniz, El Papus, Hermano Lobo-. Dentro desta peculiar sinfonía gráfica, os 70 son caldo de cultivo e expansión da novela popular: de rápido consumo, intercambiables, cun gran abano de xéneros –Oeste, Terror, C/F, Románticas, etc.-, identificativas socialmente cos lectores por conter tramas de acción e personaxes estereotipados. As chamadas novelas de a duro ou literatura barata.
Os pulps ibéricos –seguindo a moda USA- reducían o custo no tamaño de impresión e na calidade da pulpa das súas páxinas, onde adquirían ese característico color amarelento e tamén un cheiro moi significativo polo paso dos anos. Os bolsilibros pobres das edicións en papel rústico, saían o mercado con chamativas portadas debuxadas e asinadas polos escritores con pseudónimos anglosaxóns como Louis G. Milk –Luis García Lecha-, Curtis Garland –Juan Gallardo Muñoz e/ou Lou Carrigan –Antonio Vera-.
As novas vangardas, bocadillos de risa
As primeiras estructuras en viñetas aparecen en Chan –La Revista de los Gallegos- en 1971 con O emigrante, obra de Xaquín Marín e a exposición en viñetas-murais de O home que falaba vegliota de Reimundo Patiño no 72. A andaina dos retazos visuais xorde en 1973 coa distribución clandestina do cómic A cova das choias –Edicións Roi Xordo, Xenevra-. Neste proceso de aportacións gráficas, é na década dos setenta onde unha nova formulación editorial –descontando a dispersión diaria que fan os distintos xornais coas viñetas e/ou estampas humorísticas- que materializa novos formatos adicados ó humor en cadernos, tebeos e suplementos.
Nes
ta particular encrucixada saen edicións de Paco Pixiñas -1970- carteis de cego debuxados por Isaac Díaz Pardo, Axóuxere -1974- suplemento do xornal La Región, a publicación infantil e xuvenil Vagalume -1975-, o cómic de Patiño e Marín Dúas Viaxes -1975-, o cómic Ratas -1977-, o tebeo apaisado Gaspariño -1978- de Marín, o cómic experimental de Antón Patiño Esquizoide -1978- e o primeiro e único número do fanzine Xofre -1979-. Recolle testemuña desta sinfonía gráfica a revista humorística Can sen dono -1983-.
As
revistas satíricas da época coma La Codorniz e/ou Hermano Lobo, recluta
n a moitos debuxantes galegos como Xaquín Marín, Quesada, Siro, Álvaro Caruncho, Lalo, Atomé, Saavedra, etc. Nos 70 a Editorial Planeta dentro da Serie: La nariz –dirixida por Álvaro de Laiglesia- saca uns libros recopilatorios de viñetas humorísticas con títulos coma El Abelendario -1972- do coruñés Alfonso Abelenda e En un periquete -1973- do ourensán Julio Cebrián.
Esquecidos. Perdidos en estanterías de vello e ocasión
Estes cómic-books, libriños rústicos, cadernos recopilatorios, libros de antoloxía de viñetas ou sexa cal queira o seu nome ou etiqueta, son os precursores das futuras novelas gráficas. Plumillas cargadas de expresividade caracterizadas pola xustaposición texto e imaxe. A radiografía humorística esquecida. Relegada a estanterías malditas de curiosidades. Debuxos dunha sinxeleza e sincretismo, que dende eiquí intenta recuperar un tempo perdido.
CHISPAS DA RODA I, II, III e IV –catro tomos- a primeira edición do tomo I 1971. Edicións Castrelos –Vigo- dentro da colección O Moucho. Sen paxinar -60 páx. Aprox.-.Encadernación rústica. 15,7x11,5 cm. B/N. Autor Fernando Quesada. Cun limiar de Emilio Álvarez Blázquez onde lembra as peripecias que fai Quesada par
a mandar un chiste a Madrid tódolos días, no tren expreso, que sae de Vigo ás oito e quince. Sinalando que “Fernando Quesada forma parte do clan dos Quesada de Ourense, cinco irmáns artistas dende pequeniños, cando quedaron orfos de pai e cabían todos baixo dun queipo. A nai estaba triste, a casa estaba triste, había unha grande dificultade pra vivir, e os irmáns Quesada enchían as paredes do fogar de dibuxos e pinturas, pra disimular, como si quixeran furar as pedras das paredes e abrir fiestras ao vento, para ollar mellores días, felices tempos, que tardaban tanto”.A viñeta por páxina debuxos sen marco. Mudas, con bocadillos e outras con pé de páxina cunha similitude os debuxos dos cantares de cego. Forte contraste nos claroscuros e manchas, conseguindo efecto de viñetas negras, sombrías, trazado rápido e caricaturesco. Chegando a misturar viñetas ácidas, corrosivas sobre o imperialismo ianqui, a emigración, o consumo, as xa incipentes aldeas abandoadas, sátira política, vida labrega, o poder capitalista, curas, as comunicacións galegas, etc. No 1981 publica Xente a esgalla e as Chispas de Quesada son reeditadas por Edicións Xerais no 2007.
ARGALLADAS DO POBO –dibuxos humorísticos- 1977. Editorial Alvarellos –Lugo- Sen paxinar -106 páx. Aprox.-Encadernación rústica. 19,3x12 cm .B/N. Autor o monterrosino Antón Benito Yebra de Ares. Cun Limiar propio asinado no na
dal do 77 onde suscribe que “a vida cotiana, falso teatro a seguir por obriga, tén unhas vivenzas que nos deixan un eterno ronsel, como é o do sarampelo; ese sino que mórre conozco, non se borra, como non se borra ise xeito humorístico”. Pero ese camiño de trasluz do humor gráfico sinala Yebra de Ares“non é sinxelo saber axeitarse no campo humorístico galego”. Debuxos liña clara con pouco sombreado, situados á dereita da dobre páxina, estando a outra en blanco. Unha amalgama de viñetas enmarcadas con bocadillos e a descripción a pé de páxina, destacando vivenzas da Galicia rural interior. Matanzas, picaresca, contos de vellas e vellos, campo, Suiza, tabernas e boticarios.
COUSAS DE GORECHIÑO –por Lalo- 1978. Gráficas Alpima –Vigo-. 66 páxinas. Encadernación rústica.17x12 cm. B/N. Autor Bernardo M. Vázquez Gil –Lalo-. Liña clara, percebíndose diferentes trazados –rápidos- en grafismos diferentes. Sinala Lalo Vázquez Gil no seu Limiar que “o tal Gorecho –pros achegados Gorechiño-, quixo ser unha especie de representación dos galegos do seu tempo; un retranqueiro que levaba un paraiaugas para amparanza da moita chuvia, moito trabuco, moita incomprensión dos de fora e moita mágoa e non facer ren dos de dentro, e moito esquecemento, que lle servía de cancela ou de escudo segundo as comenencias”. Esta escolma de gorechadas foron publicadas no
xornal El Pueblo Gallego e recollidas neste libro “para que cando chegue a queima de libros – que chegará sen dúbida, pois tamén fíxoa o cura cos libriños do Quijote-, ao xeito do “Faenheit, non sei cantos” de Bradbury, algún home aprenda estes chistes de memoria e, así, salvaranse para cultura estas xenialidades, que poden ser a chave dun xurdimento futuro cando o mundo volte a alumear despóis do apocalipsis” escribe Vázquez Gil irónicamente. Finalizando o limiar cun “Non matémola risa”.
Viñetas contemporáneas e localistas –xa finais dos 70-, humor surrealista, social, retranqueiro, humor negro. A excepción dun par de viñetas con bocadillos o resto descripción a pé de viñeta. Como cando Gaspariño atópase cun home de cor e vestido cunha túnica que pon no peito KKK e dille: -“Machiño. Eu a vos, os americáns de USA, non vos vou entender endexamáis”.



A institucionalización do humor galego
Pequena escolma de libros-catálogos publicados por institucións públicas e alguna privada sobre o humor gráfico galego. Nin están todos os que són, nin són todos os que están.
ANO E PICO DE CARRABOUXOS, -1985- Deputación Provincial de Ourense.
LO MEJOR DE MONCHO BORRAJO, -1990- Libro de humor gráfico. Caixa Galicia
VISTOS PARA SENTENCIA. -1993-Humor gallego en prensa. Xunta de Galicia.
HUMOR GRÁFICO GALLEGO. -1995- Xunta de Galicia.
SORRISOS E BOA COLLEITA -2088- Bantegal-
Alfredo Pardo